The Incredible Machine estrea versión para iPad

xoves, 9 de xuño do 2011 Marcus Fernández

As fases do xogo teñen obxectivos que superar a base de enxeño

En 1992 chegou aos ordenadores persoais un divertido xogo The Incredible Machine, consistente en solucionar certos quebracabezas colocando os obxectos dispoñibles en cadansúa fase, lembrando lixeiramente a Los grandes inventos del TBO, dando lugar a toda unha franquía que pasou por equipos con MS-DOS, Windows e Mac OS, e incluso estivo presente en consolas como a 3DO, a PlayStation e a SEGA Saturn, e seguindo na mesma liña chega esta semana ao iPad, conservando a diversión dos seus predecesores a través de 60 niveis nos que pór a proba a destreza do xogador que poderá empregar máis de 90 obxectos como tubarias, pelotas, cintos, cordas…
Este novo xogo para iPad pode mercarse por 2,39 euros e presenta uns gráficos tan sinxelos como coidados, música orixinal e xeniais efectos de son, con contribúen a amenizar as horas de diversión que pode garantir este título.

The Incredible Machine ten unha aparencia moi colorida e un tanto infantil, pese a que este xogo vaia ser máis aprezado polos que gozaran das primeiras entregas da franquía

PUBLICIDADE