The Humble Bundle estrea 5 xogos para Android no seu último paquete solidario
martes, 20 de marzo do 2012
Tras o éxito do The Humble Bundle coa súa achega a
Android, os organizadores desta iniciativa solidaria queren repetir a
experiencia, e presentan o The Humble Bundle for Android 2, que
achega 5 xogos independentes para Windows, Mac OS X e Linux que nunca antes
estiveran dispoñibles para Android, e que agora poden gozarse nas 4 plataformas
polo prezo que decida o usuario, pasando a parar parte deses cartos a organizacións
como Fronteiras Electrónicas e Child’s Play.
Os xogos que forman parte deste paquete son Zen
Bound 2, Canabalt, Cogs e Avadon: The Black Fortress (este último, só para tablets), mentres
que os usuarios que paguen máis da media tamén poderán facerse co xogo de
estratexia con desprazamento horizontal Swords
& Soldiers. Estes tÃtulos chegan sen ningún tipo de protección DRM,
para comodidade e liberdade para o usuario, que tanto fixa o que paga por eles
como o cando e onde os instala.
VÃdeo promocional do novo Humble Bundle