The House of the Dead: Overkill</Em> salta da Wii á PS3
venres, 27 de maio do 2011
Tras o estrepitoso fracaso de The
House of the Dead: Overkill para Wii, como tamén aconteceu con outros xogos
violentos para a consola doméstica de Nintendo, SEGA anuncia que o
28 de outubro chegará ás nosas tendas o xogo The
House of the Dead: Overkill – Extended Cut, que vén a ser unha conversión
do xogos a PlayStation 3, polo que contará con gráficos en alta definición e
soporte de PlayStation Move, no que parece ser unha interesante revisión deste
tÃtulo que pode conseguir unha mellor acollida na PS3 que na Wii.
Esta Extended Cut incluirá o 7 niveis
do xogo de Wii, aos que engade 2 novos; tamén contará con novos bebés mutantes
e armas como a nova ballesta. Este tÃtulo rememora o momento no que o axente Q
e o seu equipo teñen que enfrontarse a unha horrible sangrÃa mutante que os
agardaba nas rúas e lameiras de Bayou City, unha pequena cidade de Luisiana,
historia bastante propia ao cine de terror de serie B que intentan imitar no
xogo.
- O xogo permitirá o seu control co PlayStation Move