The Greatest Case busca facilitar o uso de teléfonos grandes con mans pequenas
luns, 23 de marzo do 2015
The Greatest Case
é unha orixinal funda para teléfonos móbiles que está
a procurar financiamento en Kickstarter e busca solucionar o problema de
ergonomÃa que teñen os terminais con pantallas de grande tamaño ao empregalos
cunha soa man (especialmente por parte dos usuarios con mans cativas). Trátase
asà dunha funda impresa en 3D que distribuirán para iPhone 6 Plus e Galaxy Note
4, e que permitirán mudar o xeito de soster os terminais cunha única man
mediante unha curiosa estrutura que engade á parte traseira dos smartphones, que
permiten que non haxa que abarcar o ancho completo do teléfono para sostelo coa
man, o que libera o dedo polgar para poder chegar á pantalla completa do
teléfono.
Este accesorio comezará a remitirse aos mecenas no mes de maio, e partirá dun
prezo de 29 dólares (26,51 euros) para o modelo negro, mentres que a versión de
cobre e plástico elevarÃa o seu prezo até os 39 dólares (35,66 euros). Estamos
asà ante un proxecto moi modesto que completou rapidamente o seu financiamento,
e que poderá chegar asà ao pequeno grupo de usuarios que demandan unha solución
deste tipo, e que ven como o micromecenado pode facela realidade.
VÃdeo de presentación da campaña de micromecenado de The Greatest Case