The Evil Within estrea secuela co gallo do venres 13
venres, 13 de outubro do 2017
No ano 2014 chegou a consolas da anterior e da presente
xeración o survival horror en
terceira persoa The Evil Within,
traballo de Tango Gameworks que contou na súa dirección co célebre Shinji
Mikami (un dos pais de Resient Evil e
Dino Crisis), o que contribuÃu á súa
boa acollida, de aà que non sorprenda que agora chegue a súa secuela, The
Evil Within 2, que aproveitou a simbólica data de hoxe (venres
13) para estrearse para Xbox
One, PlayStation
4 e PC,
a un prezo de 69,99 euros para consola e 59,99 euros para ordenadores persoais.
O xogo lévanos a seguir ao detective Sebastián Castellanos, quen tras perdelo
todo ten a oportunidade de salvar á súa filla se descende ao mundo de pesadelo
de STEM, onde xurdirán ameazas en cada recuncho, mentres todos se retorce ao
seu redor. Teremos unha historia de redención, con lugares arrepiantes,
inimigos aterradores, horror, suspense e a posibilidade de decidir como
sobrevivir empregando trampas, sixilo e munición moi limitada (caracterÃstica
propia deste xénero, que procura fuxir da acción pura dun mata-mata).
- No xogo haberá que enfrontarse a inimigos arrepiantes
TerrorÃfico tráiler do xogo