The Abbey (A Abadía): suspense no claustro
martes, 18 de novembro do 2008A empresa
española Alcachofa Soft en colaboración con Fiendware
vén de presentar The Abbey (A Abadía), un xogo para PC con máis de
1.000 planos e 40 localizacións que se desenvolve nunha vella abadía onde teñen
lugar unha serie de misteriosos crimes.
O antigo Gran
Inquisidor Leonardo e o seu asistente Bruno, son enviados polo Vaticano a unha illada
abadía para investigar os estraños sucesos que rodean a un segredo moi ben
gardado; pero nada máis chegar todo se precipitará cando alguén tenta poñer fin
ás súas vidas…
En palabras da
propia empresa Alcachofa Soft, o xogo representa un “chimpo de xigante” para a compañía, amais de unha “superprodución”, tanto dende o punto de
vista tecnolóxico como narrativo, ofrecendo unha das aventuras gráficas máis
agardadas a nivel internacional durante 2008.
The Abbey é un xogo de proporcións cinematográficas cun
suspense que vai máis alá da aventura tradicional.
Combina os
gráficos 2D e 3D dun xeito innovador e contén máis de 200 fondos distintos
pintados á man.
Asemade, contén
máis de setenta minutos de banda sonora composta por Emilio de Paz e
interpretada pola Orquestra Sinfónica de Praga e Coro que meten ao xogador nun
ambiente propio dunha auténtica abadía.
Trailer do xogo