Tetris terá un battle royale para móbiles

venres, 28 de xuño do 2019 Marcus Fernández

A primeiros de ano Nintendo sorprendeu lanzando un battle royale baseado en Tetris, TETRIS 99, exclusivo para Nintendo Switch, e a boa aceptación deste xogo fai que non sorprenda que N3TWORK asociárase con The Tetris Company para desenvolver un videoxogo para móbiles chamado Tetris Royale e, como ben indica o seu nome, sería un Tetris para smartphones no que os usuarios competirán en partidas de até 100 xogadores que loitarán por ser os mellores.
En Tetris Royale teremos taboleiros de puntuacións en liña, retos diarios que superar e incluso a posibilidade de conseguir recompensas como power-ups e potenciadores que poderán empregarse durante os combates neste quebracabezas que xa contaba con modos competitivos nas súas versións para máquinas recreativas, pero que limitábanse a 2 xogadores, polo que ver como o público goza coa ampliación do número de contendentes non deixa de ser unha adaptación ás tendencias do mercado e ás posibilidades do xogo a través da Rede.
Pero Tetris Royale non se limitará só ao modo de 100 xogadores, senón que tamén contará coas mencionadas competicións diarias e incluso cun modo individual que permitirá botar partidas maratonianas para pulir as habilidades nesta versión móbil dun clásico imperecedoiro.

PUBLICIDADE