Tetris estreará versión para 3DS o 21 de outubro

mércores, 21 de setembro do 2011 Marcus Fernández

O xogo creado por Alexey Pajitnov en 1984, Tetris, é todo un clásico das máquinas recreativas, as consolas de videoxogos e incluso os teléfonos móbiles, por garantir diversión coa súa mecánica de xogo, e agora anuncian que vai continuar a súa relación con Nintendo (lembremos que era o título de referencia da primeira Game Boy) cunha versión deste xogo para a súa 3DS que chegará ás nosas tendas o vindeiro 21 de outubro.
O Tetris para Nintendo 3DS contará con máis de 20 niveis de xogo, garantindo moitas horas de diversión, e incluso tira proveito da realidade aumentada, de batallas contra unha intelixencia artificial, de modos multi xogador e incluso de xogo en liña para competir co resto do mundo a través da Internet. Toda unha revolución que modernizará un xogo que, pese a parecer que non podía dar máis de si, permitirá revivir unha experiencia de xogo clásica e re inventarse con bastante acerto.


O xogo para 3DS visto na pasada edición da feira E3

PUBLICIDADE