Tetris Effect chega a ordenadores persoais
mércores, 24 de xullo do 2019
Hai
un ano chegou a PlayStation 4 o xogo Tetris Effect, mantendo as
mecánicas do clásico Tetris e sumándolle conceptos visuais familiares
para os seareiros de Enhance Games (equipo detrás de Rez Infinite e Lumines)
que resultaban especialmente espectaculares de reproducir o xogo cun casco de
PlayStation VR, e aÃnda que parecÃa que este detalle Ãa deixar a este tÃtulo
como exclusivo para PS4, finalmente chega a
ordenadores persoais, cun lanzamento en primicia a través da Epic Games Store.
O xogo permite gozar dun orixinal Tetris con máis de 30 escenarios con
cadansúa música, efectos de son e estilo gráfico, que converten o xogo en toda
unha experiencia, lucindo especialmente ben se temos un equipo conectado a unha
pantalla 4K ou incluso a un monitor ultrapanorámico, xa que a versión para PC
de Tetris Effect procura tirar proveito do noso hardware.
Pero o máis curioso deste lanzamento é precisamente que chegue a través da Epic
Games Store, xa que é u movemento contra natura, xa que para
poder gozar do xogo cun caso de realidade virtual HTC Vive é preciso ter
instalado SteamVR no noso equipo, ou sexa, que resulta evidente que o xogo desenvolveuse
para a súa incorporación á tenda de xogos de Valve, aÃnda que teremos que
agardar para poder velo en Steam (probablemente uns 12 meses).
VÃdeo no que anuncian o lanzamento de Tetris Effect a través da Epic Games Store