Tesla vende baterÃas... para smartphones
luns, 20 de novembro do 2017
A marca Tesla Motors é unha das máis destacadas a nivel
mundial como aspiracional, captando a
atención do público polas súas propostas de futuro e polas revolucións que
propón no que a transportes por estrada se refire, sendo claramente o eixe do
seu negocio as baterÃas que permiten que tanto coches coma camións poidan
desprazarse centos de quilómetros cunha única carga, de aà que resulte curioso
que entre a mercadotecnia da compañÃa veñan de colocar unha baterÃa
externa cun deseño inspirado ao monumento con forma de supercargador Tesla sito
no Tesla Design Studio.
A Tesla Powerbank é posiblemente o xeito máis asumible de achegarnos á
tecnoloxÃa de Tesla, xa que este accesorio cunha capacidade de 3.350 mAh
véndese a un prezo de 45 dólares (38,35 euros). A baterÃa inclúe conectores
micro USB e Lightning, de xeito que pode cargar tanto smartphones con Android
coma iPhone, e aÃnda que non teña nada especial a nivel técnico, o feito de que
simbolice a unha marca icónica de seguro que vai convertela nun produto
atractivo para os seareiros de Tesla (que probablemente terá moi boa saÃda de
cara ao Nadal).