Terraria finalmente terá versión para Stadia

luns, 1 de marzo do 2021 Marcus Fernández

Hai un mes xerou moito rebumbio a cancelación do xogo Terraria para Stadia despois de que un dos fundadores de Re-Logic tivese problemas para recuperar o acceso á súa conta de Google, cancelada sen explicación algunha, pero finalmente limaron as asperezas con Google, compañía que restaurou as contas do estudio, polo que retomaron a conversión de Terraria para Google Stadia.
Os creadores do xogo aseguran ter remitido xa a versión 1.4.0.5 de Terraria a Google para a súa certificación, de xeito que o seu lanzamento en Stadia sería unha realidade en breve, o que é unha magnífica nova para Stadia, plataforma que nas últimas semanas está a ter moi mala prensa, polo anuncio do peche dos seus estudios internos para o desenvolvemento de videoxogos e as informacións que apuntaban a que pagaron cantidades millonarias para facerse con algúns grandes títulos que facilitasen a chegada de usuarios mentres ofrecían moi poucos incentivos ao resto de desenvolvedores, de xeito que publicar xogos en Stadia supón un risco que poucos se atreven a asumir.

PUBLICIDADE