Tequila Works declárase en concurso de acredores
martes, 12 de novembro do 2024
Os dous xogos españois máis vendidos da historia, Deadlight e RiME, son casualmente do mesmo estudio, Tequila Works, ao que tamén debemos grandes xogos como The Sexy Brutale ou GYLT, sendo a súa última creación Son of Nunu: A League of Legends Story. Pero crear grandes tÃtulos non é garantÃa de supervivencia nun mercado tan dinámico como o dos videoxogos, e o estudio madrileño vén de declararse en bancarrota e entrar en concurso de acredores, presentando a dimisión os seus fundadores (Raúl Rubio e Luz Sancho) de xeito que agora encabeza a empresa Térence Mosca, quen deberá procurar novas vÃas de financiamento despois de que a empresa chinesa Tencent (que colaboraba con Tequila Works dende 2022) decidise pecharlle a billa.
AÃnda que a compañÃa xa realizara despedimentos no mes de outubro (por mor da cancelación dun xogo que aÃnda estaba por anunciar), o concurso de acredores pillou por sorpresa a moitos traballadores, que continúan a traballar para a compañÃa coa incerteza de se recibirán os salarios que lles corresponden.
ConfÃase en que o estudio poida atopar unha saÃda a esta complicada situación, pois do que non hai ningunha dúbida é de que teñen talento e saben realizar grandes traballos de éxito internacional.