Temple Run supera os 1.000 millóns de descargas

mércores, 4 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Imangi Studios conseguiu converter o seu runner para móbiles en todo un éxito, estreando Temple Run e Temple Run 2 en varias plataformas móbiles (iOS, Android e Windows Phone) e incluso lanzando un par de versións patrocinadas por Disney (Temple Run Oz e Temple Run Brave), e pese a non conseguir a visibilidade e sona de franquías como a de Angry Birds, si acumula numerosas descargas, asegurando hoxe os seus responsables que veñen de superar os 1.000 millóns de descargas en todo o mundo (sen contar os mencionados xogos de Disney), algo que moi poucos xogos poden dicir.
O xogo continúa a ter bastante éxito, rexistrando o 36% das descargas en China e coa curiosidade de que o 60% dos seus xogadores son mulleres, algo pouco frecuente nos videoxogos de acción.

JPEG - 307.5 KB
Imaxes de Temple Run 2 para Windows Phone

PUBLICIDADE