Temple Run 2 estrea versión para Android

xoves, 24 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

A chegada de Temple Run 2 a iOS está a saldarse cun resultado moi positivo, pois este xogo Free-to-Play conseguiu sumar 20 millóns de descargas nos seus primeiros 4 días, e para continuar co seu éxito hoxe estrea versión para Android, que pode descargarse de balde a través de Google Play, e que comparte características coa súa versión para iPhone e iPad: gráficos renovados, contornos máis vivos, novos obstáculos, powerups e logros e poderes especiais para cada personaxe.
Con este xogo Imangi Studios está a conseguir un bo funcionamento do modelo de negocio que consiste en ofrecer xogos de balde permitindo a opción de facer pequenos pagamentos no mesmo para acceder a opcións avanzadas que en moitos casos están dispoñibles sen pagar, pero dedicando moito máis tempo para progresar no xogo (como é no caso da saga Temple Run, que chega á súa terceira entrega, pois o ano pasado tamén estreara unha versión do xogo orixinal ambientada na película de Disney Brave).

Temple Run 2 para Android goza das mesmas prestacións que a versión para iOS

PUBLICIDADE