Combo DVD-televisor panorámico para a cociña

venres, 24 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Toshiba anunciou un novo produto híbrido entre televisor e reprodutor de DVD que sorprende por contar cunha carcasa de aceiro inoxidable pensando na súa instalación nunha cociña. O televisor 19LV612U é de 18,5 polgadas, ten unha resolución nativa de 1.366 x 768 píxeles, un brillo de 300 nits, unha relación de contraste de 1.000:1, un tempo de resposta de 5 milisegundos, entradas HDMI/VGA, conector para auriculares e un prezo de 349,99 dólares (245,43 €) cando saia á venda o vindeiro mes de setembro.
Non estariamos ante unha pantalla que tecnicamente resulte impresionante (aínda que dificilmente podería amosar vídeo en alta definición cun tamaño tan reducido), pero si ante un produto para a cociña cunha estética moito máis atinada que a da meirande parte de televisores que se instalan nesa parte do fogar.

PUBLICIDADE