Telegram xa pode empregarse en galego vÃa web
martes, 11 de febreiro do 2014
- Pablo Belay resultou finalista dos X Premios EGANET co seu proxecto xeoPesca
Nas últimas semanas está a causar furor a aplicación de
mensaxerÃa instantánea Telegram, por aspirar a converterse nunha alternativa sólida
a WhatsApp, coa vantaxe de ser unha solución baseada en software libre, o que
permite que, entre outras cousas, sexa posible a súa localización, o que está a
levar a que sexa posible conseguir
o código fonte da aplicación de Telegram para Android en galego grazas ao
traballo colaborativo de distintos tradutores, aÃnda que pode resultar máis
rechamante o feito de que o cliente web so servizo, Webogram, estea xa dispoñible en galego nos servidores de Chuza,
grazas ao traballo de
Pablo Belay, enxeñeiro técnico en Informática de Xestión a quen coñecemos
por proxectos como xeoPesca.
Actualmente as aplicacións de Telegram para móbiles están a incorporar o
español (estando xa dispoñible para Android e en breve, tamén para iPhone) pero
en vista dos traballos de tradución de terceiros é posible que en poucos meses
sexa unha ferramenta dispoñible en ducias de linguas grazas ás contribucións
desenvolvidas globalmente de xeito altruÃsta.
- Webogram está xa localizado ao galego grazas ao traballo de Pablo Belay e aos servidores de Chuza