Telefónica leva a banda larga ultrarrápida aos nosos paradores de turismo
luns, 14 de xuño do 2021
- O Parador de Baiona nunha imaxe de Tripadvisor
Telefónica
vai dotar das máis avanzadas tecnoloxías de telecomunicación
(tecnoloxía FTTH, polas súas siglas en inglés fibra até o fogar)
os paradores de turismo da nosa terra, de xeito que poderán achegar
aos seus clientes banda larga ultrarrápida dende estes comezos do
mes de xullo. Inclúense os paradores de Baiona,
de Tui,
de Monforte,
de Santo
Estevo, de Monterrei,
de Muxía,
de Verín,
de Ribadeo,
de Vilalba,
de Cambados
e de
Santiago (Hostal dos Reis Católicos).
Paradores
de Turismo de España seleccionou a Telefónica, a través dun
concurso público, como socio tecnolóxico único para culminar a súa
dixitalización, implantando unha rede de alta dispoñibilidade e
banda larga ultrarrápida nos 97 emprazamentos que a hostaleira
pública ten repartidos en 16 comunidades autónomas.
A
operadora lembra que até o de agora a infraestrutura de rede nestes
edificios dependía de varios provedores de telecomunicacións e tiña
un limitado largo de banda. Este feito, unido á complicada orografía
na que se sitúan -moitos en lugares remotos- e á propia
arquitectura dos edificios -boa parte deles históricos-, limitaba a
cobertura e dificultaba o acceso mesmo a funcionalidades básicas.
A
compañía fixo saber que “o proceso de implantación da fibra
óptica avanza a moi bo ritmo”, e así, nos últimos dous meses,
Telefónica levou a banda larga a 31 edificios que non contaban con
ela, polo que 71 paradores dispoñen xa desta tecnoloxía. Estímase
que a primeiros de xullo estea instalada nos 97 establecementos da
rede.