Telefónica distribuirá en exclusiva tres dispositivos de última xeración de Samsung

xoves, 19 de febreiro do 2009 Raquel Noya

Samsung presentou os seus novos terminais no Mobile World Congress

Unha vez máis, o Mobile World Congress de Barcelona volveu ser o escenario da formalización dun deses acordos de colaboración entre compañías tecnolóxicas que logran espertar o interese dunha boa parte dos asistentes. Desta volta, o público tivo a oportunidade de asistir en primeira liña á sinatura dun convenio entre Telefónica e a multinacional coreana Samsung para distribuír en España durante o primeiro semestre de 2009, os seus terminais máis avanzados.
Os primeiros dispositivos móbiles, que se lanzarán antes de xuño deste ano, serán os Samsung OMNIAHD, Ultra TOUCH e S6700, uns innovadores dispositivos que están á vangarda tecnolóxica e que Telefónica comercializará de xeito exclusivo.

Samsung OMNIAHD

O smartphone Samsung OMNIAHD é un potente dispositivo multimedia que incorpora tecnoloxía HD, permitindo gravar incluso vídeos a 720 p e pantalla táctil LED de matriz activa orgánica (AMOLED, a máis grande do mercado con 3,7”) e cunha nitidez única nos tons, cores e luminosidade.
Este smartphone ofrece, asemade, cámara de 8 megapíxeles e GPS con brúxula integrada e unha ampla memoria interna dispoñible en 8 e 16 XG. En canto á conectividade, o dispositivo permite acceso a Internet de HSUPA de 5,76 Mbps e HSDPA de 7,2 Mbps.

Samsung Ultra TOUCH

O Samsumg Ultra Touch tamén conta cunha pantalla táctic AMOLED de 2,8” antirrabuñaduras e antipegadas, cunha sofisticada silueta en curva e cun deseño brillante
silky back que permite ver a pantalla perfectamente dende calquera ángulo.
En canto a funcionalidades, este móbil dispón dunha cámara de 8 megapíxeles con flash power LED e función detector de sorrisos e parpadeos e ofrece a posibilidade de gravación en vídeo de alta calidade de 30 fps.
Ademais, conta cun reprodutor de música Groovy e permite un rápido acceso a Internet.

Samsung S6700

O terceiro dispositivo da multinacional coreana que Telefónica comercializará en exclusiva durante o primeiro semestre deste ano será o Samsung S6700, un móbil de deseño ergonómico no que se combina o corpo metálico en slide cunha atractiva pantalla de 2,4” TFT con calidade QVGA.
Ademais de ter cámara fotográfica de alta resolución e acceso a Internet de alta velocidade como os anteriores, este dispositivo destaca por contar con ferramentas de software como ShozZu, que permite subir de dorma doada imaxes ou vídeos á Rede ou Google, lector de RSS e de documentos.
Trátase dun dispositivo “moi axeitado” segundo os seus distribuidores, “para aqueles usuarios que desecan ter as prestacións máis avanzadas a un precio máis que razonable”.

PUBLICIDADE