Telefónica adquire SHADOW, ferramenta de seguridade documental desenvolvida en Gradiant

venres, 7 de outubro do 2016 Redacción

O fundador de ElevenPaths, Chema Alonso, vén de anunciar durante o Security Innovation Day 2016, evento celebrado por Telefónica en Madrid, a compra da solución de seguridade e trazabilidade documental SHADOW, adquisición consecuencia do recente acordo de colaboración entre Gradiant, o Centro Tecnolóxico TIC de Galicia e ElevenPahts (división de seguridade de Telefónica a nivel mundial). Ambas partes aseguran que isto só é o comezo dunha longa historia de éxitos mutuos.
SHADOW é unha ferramenta automática, nacida ao abeiro de Gradiant, que permite a trazabilidade de documentos mediante o uso de técnicas de marcas de auga dixitais. Proporciona evidencias no caso de que se produzan fugas de información confidencial, axudando á identificación dos responsables da infracción. Converte cada copia dun documento en única grazas á inserción de marcas de auga non perceptibles. Deste xeito, consegue que cada copia sexa singular e, ao mesmo tempo, practicamente idéntica ao documento orixinal. A información oculta (e que permite identificar o propietario ou receptor do documento) é resistente a numerosas distorsións, como as que se producen no proceso de impresión e escaneado de documentos. SHADOW é integrable en aplicacións de terceiros de forma rápida, tanto en aplicacións stand-alone como cliente/servidor.
Funciona como un elemento disuasorio ante fugas de información: é ideal para ocultar información sobre a orixe e destino de documentos confidenciais, permitindo identificar os responsables no caso de que se produza unha fuga de información, unha vez os documentos atópanse fose da área de confianza para o que foron creados.
Proporciona unha clasificación automática dos documentos escaneados: engadindo información sobre os contidos dos documentos pódese realizar unha clasificación automática cando estes documentos son escaneados e a marca é extraída. Desta forma facilítase o arquivado de documentos tras o escaneo.
É unha solución software, 100% compatible con calquera impresora e escáner. Garante a trazabilidad en documentos de texto, tanto en formato dixital como impreso. A información asociada á marca de auga é configurable, podéndose vincular esta a o propietario do documento, ao seu receptor ou á data de impresión do documento. Para proceder a recuperar esa información non é necesario dispoñer do documento orixinal. Ademais, SHADOW é resistente a distorsións, impresión e escaneado, e é capaz de recuperar toda a información escondida, mesmo a partir de documentos incompletos, rotos, engurrados ou manchados.
Está dispoñible a través de tres produtos: SHADOW FILES (plataforma web), SHADOW PRINT (controlador virtual de impresión para Windows), SHADOW READER (ferramenta de extracción das marcas de auga) e SHADOW MOBILE (aplicación para iOS e Android que permite a extracción das marcas de auga).

PUBLICIDADE