Tekken 7 estreará un redeseño radical de Yoshimitsu

venres, 8 de maio do 2015 Marcus Fernández

O vindeiro día 18 está previsto o lanzamento do xogo de loita Tekken 7 no Xapón, onde o título estrearase en máquinas recreativas antes de completarse as súas edicións para Xbox One e PlayStation 4 (que aínda non teñen data de lanzamento definida) e para animar o lanzamento do xogo presentan a aparencia que terá un dos personaxes máis coñecidos da saga, Yoshimitsu, que vén de experimentar un cambio radical que dará moito que falar.
Yoshimitsu é unha especie de cyber-ninja, que leva máis de 20 anos aparecendo nos xogos de Tekken e da saga Soul, destacando por ser un dos poucos personaxes armados de Tekken, pero neste redeseño experimenta un cambio que vai máis aló de modificacións da súa armadura ou das súas armas, xa que transfórmase nunha criatura que poderiamos describir como un calamar humano, xa que conta con novas extremidades con forma de tentáculo, que parecen meramente estéticas. Confírmase así que Yoshimitsu empéñase en ser o personaxe máis raro de Tekken, pois xa en Tekken 4 sorprendera lucindo ás de insecto.

A versión máis coñecida de Yoshimitsu é posiblemente a que vimos en Tekken 3


Vídeo de presentación do novo Yoshimitsu

PUBLICIDADE