Tekken 6 sairá á venda o 30 de outubro

martes, 23 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Namco Bandai finalmente anunciou a data de lanzamento do seu agardado Tekken 6, que sairá á venda nos EE.UU. o 27 de outubro, chegando ás tendas europeas 3 días despois nas súas versións de PlayStation 3 e Xbox 360, aínda que non se venderá só por separado, senón que tamén existirán edicións especiais do xogo incluíndo uns controladores de xogo arcade e un libro de ilustracións, aínda que o seu prezo pasaría dos 59,99 dólares do xogo a 149,99 dólares, o que non é un mal prezo para un paquete que inclúe un mando sen fíos de HORI (que podería ser o primeiro mando arcade oficial en comunicarse sen fíos cunha Xbox 360).
O novo xogo será todo un imprescindible para os amantes dos títulos de loita, e non só chegará para as consolas domésticas, senón que xa no mes de novembro agárdase que conte tamén cunha versión para PSP, aínda que neste caso non se conta con edicións especiais.

PUBLICIDADE