Teclado sen fíos con Touch Pad

luns, 10 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Brando, a popular tenda hongkonesa de trebellos, puxo á venda un teclado sen fíos de 99 teclas (11 a xeito de atallo para funcións coma o correo electrónico, a reprodución multimedia ou o control do volume do noso equipo) que resulta sumamente recomendable para o seu uso en ordenadores empregados coma Media Centers, pois inclúe na súa parte dereita un Touch Pad que fai doado o control do cursor en pantalla en uso dunha superficie para un rato.
O teclado mide 36 x 17,7 x 1,5 centímetros, pesa 552 gramos, funciona con 4 pilas AAA e inclúe un transmisor USB para comunicalo co noso ordenador (sendo compatible con Windows XP, ME, 2000 e Vista).
O seu prezo de venda é de 57 dólares (37,12 euros).

PUBLICIDADE