Teclado para persoas con deficiencias visuais

mércores, 27 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Para atender á demanda dos usuarios con deficiencias visuais unha tenda on-line norteamericana comezou a vender o teclado para ordenador Keys U See, que presenta unhas teclas nas que as letras impresas ocupan o maior espazo posible para mellorar a súa lexibilidade.
Non só as letras son máis grandes e gordas, senón que tamén se pode mercar o teclado en 3 cores distintas: branco sobre negro, negro sobre marfil e negro sobre amarelo (o que non responde só a un motivo estético, senón que tamén inflúe na visibilidade, sendo diferente para cada persoa).
Estes teclados pódense conectar tanto por USB como por PS2.

PUBLICIDADE