Teclado con tecla de Control + Alt + Supr
mércores, 17 de setembro do 2008
Cando o ordenador
dá certos problemas baixo Windows en certas ocasións é preciso pulsar a
combinación de teclas Control + Alt + Supr, o que resulta bastante incómodo e
en ocasións imposible (pois precisa do uso de dúas mans) de aà que HP lanzase
un teclado
cunha tecla que simula a pulsación das 3 anteriormente mencionadas,
o que pode servir para dar pé a moitas burlas sobre a estabilidade de Windows,
pero que algúns usuarios agradecerán (aÃnda que cada vez é unha función máis
innecesaria).
O teclado tamén incorpora un botón con forma de rosca e 27 teclas de función.
Se vende por 80 dólares cun
rato láser cunha resolución de 3.200 dpi.