Tarxetas de memoria ampliables para a Xbox 360

martes, 19 de maio do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios da Xbox 360 que mercaran o modelo máis básico da consola, con só 256 ou 512 Mbytes para o almacenamento das súas partidas (o que normalmente é máis que suficiente) atopan un problema para ampliar a capacidade da súa consola, pois só podía mercar outras tarxetas de memoria de reducido tamaño ou dar o paso a caros discos duros (de entre 20 e 120 Gb que normalmente están á venda por prezos de entre 99 e 129 euros) o que cambia agora grazas a Datel, fabricante que vén de lanzar tarxetas de memoria para a consola de Microsoft con 2/4 Gb de capacidade ampliable mediante tarxetas microSD de ata 16 Gb, o que parece unha alternativa cómoda e barata aos discos duros e que incluso permitiría a realización de copias de seguridade dende un PC.
Estas novas tarxetas de memoria non só multiplican as posibilidades da Xbox 360 (xa que permiten que, aparte de cargar partidas, poida utilizarse para a compra de contidos descargables do Bazar de Xbox LIVE, habitualmente vetado para os usuarios sen disco duro) senón que tamén resultan máis baratas, pois unha tarxeta oficial de 512 Mb custa uns 43,95 euros, mentres que as de Datel de 2 e 4 Gb véndense a 39,99 e 49,99 dólares (28,62 e 35,96 euros respectivamente).

PUBLICIDADE