TP-Link presenta un router con antenas xiratorias

mércores, 5 de xaneiro do 2022 Marcus Fernández

No marco do CES de Las Vegas presentouse unha nova familia de routers da marca TP-Link que fan uso da emerxente conectividade Wi-Fi 6E, entre os que destaca especialmente o TP-Link Archer AXE200 Omni, por integrar un sistema de antenas con rotación mecánica, de xeito que as antenas axustan automaticamente a súa orientación en función do uso e a localización que se estea facendo da conexión sen fíos para garantir o mellor desempeño da conectividade.
Este router, ao tirar proveito da banda dos 6 GHz presume de conseguir velocidades de transferencia de até 10 Gbps; funciona cun potente procesador de 4 núcleos a 2 GHz, e tamén ofrece conectividade multi-gigabit a través dos seus portos de 10 e 2,5 Gbps.

PUBLICIDADE