TOUS venderá unha versión personalizada do Samsung Galaxy Watch

venres, 25 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

O Samsung Galaxy Watch leva meses confirmándose como un dos smartwatches máis completos e competentes do mercado pola súa autonomía e versatilidade, así como polo seu deseño moi próximo ao dos reloxos de pulso tradicionais, e precisamente apostando polo lado do deseño presentaronn hoxe o novo Galaxy Watch TOUS by Samsung no marco da Mercedes-Benz Fashion Week Madrid da man de Paula Echevarría, quen asegurou que o novo reloxo «non só ten un deseño espectacular cunhas cores que combinan con calquera look, senón que amais ten todas as prestacións do meu smartwatch favorito. É sen dúbida o meu mellor complemento. Poder intercambiar correas e pantallas permite ter cada día un reloxo personalizado e iso encántame».
Este novo Galaxy Watch con deseño exclusivo de TOUS inclúe dúas correas TOUS de silicona intercambiables, en cor nude e negro, decoradas cos icónicos osos da marca en relevo, así como a posibilidade de incorporar até 3 fondos de pantalla diferentes para levar o último en tecnoloxía e moda. Tamén chega nun estoxo especial que fusiona os estilos de TOUS e Samsung nun packaging sorprendente.
O Galaxy Watch TOUS by Samsung poderase adquirir nas tendas TOUS de España a partires do 1 de marzo a un prezo de 379 euros.

PUBLICIDADE