Supervivientes chega ás consolas de videoxogos de Nintendo

xoves, 7 de maio do 2009 Marcus Fernández

Este venres chega ás tendas españolas o xogo Supervivientes que pretende levar as probas máis intensas do concurso televisivo do mesmo nome ás consolas Nintendo DS e Wii, ambos a un prezo de venda recomendado de 29,95 euros.
A versión para Wii fará uso do Wiimote e o Nunchuk, e mesmo contará coa opción de empregar a táboa de equilibro (en 5 minixogos), que permite xogar en individual ou multixogador (para 2 ou 4 usuarios) e conta con 4 illas con diferentes escenarios e 25 minixogos.
Os usuarios de Nintendo DS terán un título que permite varios modos: aventura, adestramento e multixogador (a través de Wi-Fi). Os personaxes do xogo controlaranse co stylus e coa cruceta. Conta con máis de 20 xogos inspirados no programa de televisión.
Non se pode agardar moito deste tipo de xogos, pero os afeccionados ao concurso catódico gozarán desta aventura ignorando o baixo nivel técnico deste tipo de conversións, coma podemos ver no seu trailer:

PUBLICIDADE