Super Street Fighter IV: Arcade Edition chegará como actualización descargable e en soporte físico
mércores, 13 de abril do 2011
O xogo Street Fighter IV está a ter moi boa aceptación,
de aí que un ano despois do seu lanzamento chegase nunha versión renovada
chamada Super Street Fighter IV, e
que este ano volverá a actualizarse, aínda que desta volta será posible facelo
mediante unha descarga que chegará o de
xuño por 1.200 puntos (14,4 euros) para a Xbox 360 e uns 14,99 euros para a
PlayStation 3. O 24
de xuño tamén será posible adquirir o xogo en formato físico, non só para
Xbox 360 e PlayStation 3, senón tamén para PC (plataforma que quedara esquecida
na anterior actualización do título de Capcom).
O Super Street Fighter IV: Arcade Edition
contará cun elenco de 39 personaxes, dos que 4 serán novos: Yun, Yang, Oni e
Evil Ryu. Tamén se actualiza o equilibrio de personaxe (algo imprescindible no
xogo competitivo), refínase o estilo de xogo e actualízase a canle de
repetición. Estamos así ante unha actualización que vai
máis aló da incorporación de 4 novos personaxes, que pagará especialmente a
pena para os usuarios que non compraran a edición do xogo que saíu en 2010.
Combate entre Evil Ryu e Oni, dous dos novos personaxes do xogo
Yun e Yang eran personaxes do Street Fighter III que volven nesta actualización do xogo
- Evil Ryu será un dos novos personaxes do xogo
- Yang é un personaxe da franquía de Street Fighter que volve á acción
- Carátula da edición de Xbox 360 do xogo