Super Smash Bros. Ultimate prepárase para o seu lanzamento cun Direct

venres, 2 de novembro do 2018 Marcus Fernández

O 7 de decembro sairá á venda o agardado Super Smash Bros. Ultimate para Nintendo Switch, e para ir quecendo motores tivemos un Super Smash Bros. Ultimate Direct no que anunciaron un par de novos loitadores: Ken de Street Fighter e Incineroar de Pokémon. No vídeo tamén detallaron outras novidades como máis axudantes, máis funcións e novos xeitos de xogar con personaxes chegados de todos tipo de xogos: os espíritos!.
En Super Smash Bros. Ultimate os loitadores poderán aliarse cos espíritos para facerse máis fortes e incluso tomar prestados os seus poderes especiais, de xeito que poderemos simular combates entre moitos máis personaxes de xogos que nunca.
Tamén dan conta do feito de que o xogo terá contidos descargables que poderán adquirirse por separado ou todos xuntos nun Fighters Pass, incluíndo cada un dos 5 conxuntos de contidos un loitador, un escenario e varias melodías.

Nintendo Direct dedicado a Super Smash Bros. Ultimate

PUBLICIDADE