Super Smash Bros. Brawl para Nintendo Wii sairá no Xapón o vindeiro día 31

xoves, 17 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

O agardadísimo xogo de loita para a Nintendo Wii que nos permite enfrontar a personaxes coma Mario, Sonic, Solid Snake, Link, Donkey Kong ou Pikachu sairá finalmente no Xapón o vindeiro día 31, e para incrementar a expectación a revista Famitsu publicou unha longa reportaxe na que analiza o Super Smash Bros. Brawl dándolle a nota máxima (un 40) de xeito que entraría a formar parte do exclusivo club no que tamén están The Legend of Zelda: Ocarina of Time, Vagrant Story, Soul Calibur, The Legend of Zelda: Wind Waker, Nintendogs e Final Fantasy XII, polo que non parece aventurado asegurar que o novo título será un dos videoxogos máis importantes de 2008.
O xogo venderase a 6.300 iens (43,15 euros) e para facerse unha idea da súa dinámica de xogo o mellor é botar unha ollada ó trailer xaponés do mesmo:

PUBLICIDADE