Super Mario Odyssey chega para converterse nun título imprescindible para Nintendo Switch

venres, 27 de outubro do 2017 Marcus Fernández

Rematou a espera, e finalmente os posuidores dunha Nintendo Switch poden facerse co título que promete ser o rei da vindeira campaña de Nadal, Super Mario Odyssey, un xogo tridimensional que pode mercarse en formato físico e descargable a un prezo recomendado de 59,99 euros e que convídanos a rescatar á princesa Peach da súa voda co malvado Bowser, para o que haberá que percorrer todo un planeta en 3D e empregar incribles e novas habilidades.
Para axudar a Mario na procura de Bowser entrará en acción Cappy, un misterioso personaxe do país dos sombreiros que converteuse na emblemática gorra de Mario, e que axudará a saltar máis algo, a enfrontarse a inimigos e incluso a poder tomar o control de rivais como Goombas, Chomp Cadeas, pivotes de seguridade, taxis e incluso un dinosauro.
Temos aquí un xogo moi vasto, cheo de sorpresas, que sería o primeiro título de Mario nun mundo aberto dende Super Mario Sunshine, polo que supón unha proposta bastante refrescante, que está a ter unha das mellores recepcións por parte da crítica posibles, conseguindo polo momento unha nota media de 98 sobre 100. Existe a unanimidade en que este xogo é o único que do catálogo de Switch que consegue estar á altura de The Legend of Zelda: Breath of the Wild, demostrando aínda mellor as posibilidades da nova consola de Nintendo, facendo entender aos xogadores que esta plataforma pode dar moito de si, xa que nos seus primeiros pasos xa está a conseguir excelentes títulos, algo que normalmente non chega até a maduración de cada xeración.

O novo xogo de Super Mario Odyssey recibiu unha valoración de 98 sobre 100 na prensa especializada

Tráiler de lanzamento de Super Mario Odyssey

PUBLICIDADE