Super Mario Galaxy + Super Mario Galaxy 2 chega a Nintendo Switch e Nintendo Switch 2
xoves, 2 de outubro do 2025
O 40 aniversario de Super Mario Bros. arrinca con forza: desde hoxe xa se poden xogar en Nintendo Switch e Nintendo Switch 2 Super Mario Galaxy e Super Mario Galaxy 2, dous clásicos da saga que regresan con gráficos mellorados, novas opcións e adaptacións especÃficas para as consolas actuais.
A colección chega tanto en formato fÃsico como en formato dixital por separado na eShop. Os xogadores poden revivir a primeira viaxe intergaláctica de Mario, coñecer a Estela e os Destelos, e volver acompañarse de Yoshi para derrotar a Bowser, agora con resolución optimizada, modos adicionais e gardado automático.
Entre as novidades destacan o Modo Axuda (que ofrece enerxÃa extra e recuperación antes das batallas), unha banda sonora ampliada con novos temas e a inclusión de capÃtulos inéditos do libro de Estela. Ademais, os controis orixinais da Wii adaptáronse aos Joy-Con e Joy-Con 2, permitindo usar botóns, joystick e movemento para facer saltar, xirar ou voar a Mario. A versión para Switch 2 conta cunha actualización de balde que permite gozar dos xogos en resolución de ata 4K.
Nintendo tamén anunciou novos amiibo para o vindeiro ano: Mario e Destelo (que desbloquean un champiñón de enerxÃa) e Estela cos Destelos (que outorgan unha vida extra).
Estas figuras máis grandes ca o tamaño habitual sairán á venda o 2 de abril de 2026 a un prezo de 29,99 euros cada unha, coincidindo coa publicación dunha edición en tapa dura do libro de Estela, co conto e ilustracións orixinais.
