Super Mario Bros. Wonder amplÃa a súa experiencia en Switch 2
xoves, 22 de xaneiro do 2026
Super Mario Bros. Wonder contará a partir do vindeiro 26 de marzo cunha edición especÃfica para Nintendo Switch 2 que incorpora novas opcións de xogo cooperativo e competitivo, contidos inéditos e melloras técnicas. A versión, titulada Super Mario Bros. Wonder – Nintendo Switch 2 Edition + Encuenntro en el Parque Belabel, busca ampliar tanto a experiencia individual como a social no Reino Flor.
A principal novidade desta edición é o Parque Belabel, unha nova área deseñada como espazo central para o multixogador. Trátase dunha zona composta por dúas grandes prazas cheas de atraccións nas que os xogadores poden colaborar ou competir en distintos desafÃos. Entre eles atópanse probas centradas na recollida de moedas ou en resistir o maior tempo posible conservando vidas, pensadas para sesións rápidas e orientadas ao xogo compartido.
A praza de multixogador local ofrece 17 tipos de atraccións distintas e permite xogar con ata tres persoas máis nunha mesma consola. O tÃtulo tamén é compatible coa función GameShare, que posibilita que un único usuario comparta o xogo de maneira local con outros tres xogadores. Ademais, a praza Salas de xogo dá acceso ás modalidades en liña e por conexión sen fÃos local, nas que cada participante utiliza a súa propia consola. Nestes espazos poden competir ata 12 persoas en seis atraccións adicionais.
Esta edición inclúe tamén novos contidos xogables ligados á Base da cuadrilla Toad, un conxunto de desafÃos ambientados en niveis do xogo orixinal que se van desbloqueando a medida que avanza a campaña principal. Estes retos poden superarse en solitario ou en grupo e permiten progresar nun sistema de rangos asociado á cuadrilla.
Entre as novidades destaca igualmente a incorporación dun modo de axuda pensado para facilitar a experiencia a xogadores menos habituados, permitindo recuperarse de caÃdas sen perder vidas ou evitar danos, independentemente do personaxe escollido.
Esta edición marca a chegada por primeira vez de Estela ao Reino Flor. Xunto a ela incorpórase o Destello como personaxe de apoio cando xogan polo menos dúas persoas. O Destello non recibe dano e pode axudar ao resto de xogadores atacando inimigos e recollendo moedas, ademais de poder ser controlado mediante a funcionalidade de rato dos mandos Joy-Con 2 de Nintendo Switch 2.
A historia engade tamén novos antagonistas, os Esbirros de Bowser, que tras roubaren o tesouro secreto do Parque Belabel se dispersan polo Reino Flor. Cada encontro con eles dá lugar a un nivel especÃfico no que é preciso derrotalos no seu propio terreo.
As novidades estarán dispoñibles o 26 de marzo coa posta á venda de Super Mario Bros. Wonder – Nintendo Switch 2 Edition + Encontro no Parque Belabel. Os usuarios que xa conten co xogo na súa edición para Nintendo Switch e cunha Nintendo Switch 2 poderán acceder aos novos contidos mediante un paquete de mellora.
Coincidindo co lanzamento do xogo, o 26 de marzo, chegarán tamén tres novas figuras amiibo. Ademais, a flor parlante inspirada en Super Mario Bros. Wonder dará o salto ao mundo real cun dispositivo interactivo que permitirá escoitala falar de maneira espontánea ou premendo un botón para activar as súas intervencións de inmediato. A flor poderá configurarse para saudar ao usuario ao espertar ou para acompañalo á hora de deitarse, prestará atención á hora do dÃa e á temperatura ambiente e ofrecerá comentarios variados, non sempre previsibles, se se interactúa con ela con frecuencia. A flor parlante porase á venda o 12 de marzo.
VÃdeo promocional da nova versión do xogo
VÃdeo promocional da flor falante
