Subscríbete ao galego

venres, 6 de maio do 2022 Marcus Fernández

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) en colaboración con Dinahosting e PuntoGal, está a realizar unha campaña para promover a lingua galega e o seu uso na Internet, de xeito que ofrecerán aos usuarios que se subscriban ás súas publicacións entre o 17 e o 31 de maio a posibilidade de gozar totalmente de balde dun dominio .gal e un aloxamento web para ese dominio durante un ano enteiro (agasallo valorado en máis de 170 euros).
Deste xeito poténciase o uso e presenza da nosa lingua na Rede, así como se amplía o uso dos dominios .gal, que están a resultar chave para os contidos en galego na Internet, así como para a visibilidade das nosas lingua e cultura.
Os medios participantes nesta campaña son Nós Diario, Radiofusión, Tempos Novos, Praza, Luzes, O Sil, Revista Mazarelos, Nós TV, O Barbanza e Código Cero.

Formulario de subscrición ao boletín de Código Cero





Os usuarios que se subscriban entre o 17 e o 31 de maio poderán gozar de balde dun ano de hospedaxe web con Dinahosting e dun dominio .gal

PUBLICIDADE