Street Fighter x Tekken sae á venda en España
venres, 9 de marzo do 2012
Xa está aquÃ. Os seareiros das sagas de xogos de loita Street Fighter e Tekken xa poden confrontar aos seus personaxes favoritos no novo
tÃtulo de Capcom Street Fighter x Tekken,
que hoxe sae á venda en España nas súas versións para Xbox 360, PlayStation 3 e
PC, ofrecendo un xogo moi na liña do Street
Fighter IV, pero engadindo os loitadores da saga Tekken, respectando a súa esencia, pero mantendo a mecánica de xogo
de Street Fighter, arriscada
estratexia que conseguiron completar con acerto.
Este xogo ten un total de 38 personaxes (que é de agardar que poidan ampliarse
mediante contidos descargables), ten numerosos modos de xogo, permite realizar
batallas por equipos en tempo real e conta cun sistema de xemas (power-ups) que modifican as habilidades
dos personaxes.
Os loitadores que poderemos elixir no xogo serán os personaxes de Capcom Ken,
Ryu, Zangief, Rolento, Rufus, Ibuki, Hugo, Dhalsim, Poison, Sagat, Cammy,
Chun-Li, Abel, Guile, Balrog, Vega, Juri. M. Bison e Akuma; e os personaxes de Tekken Lili, Heihachi, Hwoarang, Julia,
Marduk, Bob, King, Nina, Kazuya, Yoshimitsu, Steve, Kuma, Raven, Asuka, Paul,
Law, Xiaoyu, Jin Kazama e Ogre.
Tamén é posible adquirir este tÃtulo nunha edición para coleccionistas que engade
ao xogo un kit de construción dun mini-arcade de plástico duro, un cómic
exclusivo e 45 xemas (que de adquirirse coma contidos descargable terÃan un
prezo de 15 euros).
- Enfrontar aos personaxes de dúas sagas consolidadas e con mecánicas de xogo diferenciadas é o principal atractivo deste novo xogo de Capcom
- A edición para coleccionistas inclúe contidos adicionais