Street Fighter V estrea Champion Edition

venres, 14 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

Con Street Fighter V mudouse a práctica de lanzar diferentes actualizacións de pagamento do mesmo xogo e decidiuse ter un único xogo con actualizacións periódicas que poden conseguirse pagando con cartos reais ou con cartos conseguidos no xogo, buscando non segregar aos xogadores nos modos competitivos, e para facilitar a introdución no xogo coa maior cantidade de contidos posibles temos a partires de hoxe Street Fighter V: Champion Edition, revisión do xogo que inclúe a meirande parte dos contidos adicionais que recibiu o xogo dende o seu lanzamento.
Street Fighter V: Champion Edition conta con 40 personaxes, 34 escenarios e máis de 200 vestimentas para os loitadores, ou sexa, que sería a terceira grande versión do xogo, que para PlayStation 4 está dispoñible por 29,99 euros en formato físico e dixital, existindo a opción de facerse cos seus contidos adicionais (se xa temos unha versión anterior) por 24,99 euros, aínda que lembrando que todos estes contidos poden adquirirse por separado mediante pagamentos en cartos reais con Fight Money.
Neste xogo tamén recupérase a Gill, loitador final de Street Fighter III, que realiza ataques de lume e xeo, e a Seth, orixinal de Street Fighter IV; estes novos loitadores poden mercarse por separado por 5,99 euros ou por 100.000 Fight Money.

Seth e Gill son un par de personaxes que volven á saga con esta actualización

Tráiler de lanzamento de Street Fighter V: Champion Edition

PUBLICIDADE