Street Fighter IV supera os 2 millóns de copias

luns, 23 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

O xogo conta cunha impresionante edición de coleccionista para PlayStation 3

Que o Street Fighter IV vaia converterse nun dos xogos máis vendidos do ano non sorprende a ninguén, pero o certo é que dende Capcom poden estar moi satisfeitos co bo resultado comercial deste xogo, que conseguiu superar xa os 2 millóns de copias postas en circulación dende o seu lanzamento, o que case corresponde só a unha fin de semana (agás polo feito de que no Xapón chegou antes ás tendas).
O xogo xa fora precedido polo Super Street Fighter II Turbo HD Remix e tamén estará acompañado pola película cinematográfica Street Fighter: The Legend of Chun-Li (que chega esta semana ás carteleiras norteamericanas, aínda que en España non se estrea ata o 27 de marzo) o que parece indicar que a resurrección desta franquía está a ter moita forza e a resultar moi rendible.
Polo momento Street Fighter IV só está dispoñible para Xbox 360 e PlayStation 3, pero agárdase o seu lanzamento para PC ao longo do presente ano.

A edición de coleccionista para Xbox 360 tamén é bastante completa

PUBLICIDADE