Street Fighter IV podería saír no verán para PC

luns, 2 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Christian Svensson, vicepresidente de planificación estratéxica e desenvolvemento de negocio de Capcom, fixo varias declaracións sobre o seu grande éxito Street Fighter IV, confirmando que tralo seu lanzamento para Xbox 360 e PlayStation 3 o pasado 20 de febreiro, haberá que agardar ao verán para ver unha versión de PC do mesmo.
O xogo está a superar todas as expectativas de Capcom, cunhas vendas fortísimas, polo que na actualidade están a negociar con Mad Catz para a comercialización de packs nos que se inclúa o xogo xunto cun dos mandos personalizados para este título de loita (como mínimo na versión de PC), aínda que agardamos que esta venda conxunta tarde uns meses en chegar ás tendas, porque estes controladores están a demorar o seu lanzamento en moitos países, o que podería vir provocado por certos problemas na súa fabricación.

PUBLICIDADE