Street Fighter IV contará cun Modo Campionato

venres, 17 de abril do 2009 Marcus Fernández

Aínda que as descargas de pago están a recibir moitas críticas por parecer que os desenvolvedores entregan xogos mutilados para vender posteriormente as partes amputadas, por sorte non sempre pasa así, e o Street Fighter IV estreará no Xapón o vindeiro día 24 totalmente de balde un contido descargable que activará o Modo Campionato para as versións de PlayStation 3 e Xbox 360 do xogo (queda por determinar cando chegará ao resto do mundo esta actualización).
Amais, a versión do xogo para PlayStation 3 permitirá votar os rankings de repeticións con partes de combates que poderán etiquetarse coma divertidas, impresionates ou fermosas, mentres que a versión de Xbox 360 contará con outras detalles de seu: amosar en pantalla as combinacións de movemento, permitindo incluso a descarga das repeticións.

A actualización para PS3 e Xbox 360 contará con peculiaridades para cada plataforma

PUBLICIDADE