Stellar Blade chegará a PC en xuño
martes, 13 de maio do 2025
Hai pouco máis dun ano chegou o xogo Stellar Blade a PlayStation 5 como un título exclusivo desenvolvido pola compañía surcoreana Shift Up e editado pola propia PlayStation, e se deixamos a un lado as polémicas pola excesiva sexualización, o xogo foi moi ben recibido polo título grazas á súa xogabilidade innovadora, a súa historia e o seu coidado apartado gráfico.
Precisamente foi a propia PlayStation a compañía que, accidentalmente, publicou en YouTube o tráiler da versión para PC deste título, detallando que verá a luz o 12 de xuño, incorporando soporte para monitores ultrapanorámicos (funcionaría en proporcións dende 5:4 ata 32:9), DLSS 4, FSR 3, texturas de maior resolución para os escenarios, velocidade de fotogramas desbloqueada, soporte para mandos DualSense, 25 novos atavíos e outras melloras.
Este anuncio aínda non se fixo oficialmente, pero entendemos que será inminente, aproveitándose a incorporación das melloras na versión para PC para lanzar unha Complete Edition para PlayStation 5.