Steam Link Anywhere permite gozar dos xogos de PC a distancia

venres, 15 de marzo do 2019 Marcus Fernández

O ano pasado a plataforma de xogos para ordenadores persoais Steam estreou a posibilidade de gozar de xogo remoto a través de dispositivos con Android, ou sexa, que dende smartphones, tabletas e incluso algún Android TV é posible botar partidas aos xogos que corren no noso ordenador, o que pode resultar moi práctico para, por exemplo, levar a experiencia de xogo ao salón doméstico sen ter que trasladar o PC de habitación ou para poder continuar unha partida a certa distancia.
Pero a tecnoloxía de Steam Link precisaba contar cunha conexión por cable ou por Wi-Fi na banda dos 5 GHz para poder funcionar, xa que para que non houbese problemas de latencia esta solución esixía unha conexión local de grande velocidade entre o PC e o dispositivo con Android, o que está camiño de cambiar, xa que están a probar agora Steam Link Anywhere, ou sexa, que se contamos cun ordenador conectado á Rede cunha boa velocidade de subida será posible xogar en remoto dende calquera dispositivo con Android que teña unha boa conexión de rede, incluso dende fóra da rede doméstica, de xeito que poderemos xogar a distancia co noso ordenador persoal sempre que a calidade da banda larga acompañe.

PUBLICIDADE