Starhawk chega ás tendas en soporte físico e dixital

xoves, 10 de maio do 2012 Marcus Fernández

Hoxe chega ás tendas Starhawk, un novo xogo para PlayStation 3 desenvolvido por LightBox Interactive en colaboración con Sony Computer Entertainment Worldwide Studios Santa Monica, que permite pórnos na pel de Emmet Graves, un mercenario que pode empregar a misteriosa enerxía de fisura para loitar contra os mutantes Outcasts para protexer o territorio dos Rifters, argumento bastante tópico que serve de desculpa para un xogo de moita acción na que poderemos contar con numerosos vehículos (entre os que destaca unha nave que pode transformarse nun robot xigante).
Este título que pode mercarse tanto en formato físico como en descarga ten un prezo recomendado de 59,99 euros e aposta decididamente por un modo de xogo en liña que permitirá enfrontar ao usuario a 31 xogadores a través da PlayStation Network. Tamén será posible gozar de modos de xogo cooperativos. Parte dun paquete con 10 mapas diferentes localizados en paisaxes montañosas e contornos espaciais nos que poderá moverse o noso protagonista, que será tan personalizable como os vehículos que aparecen en pantalla, enriquecendo así o xogo.


Trailer de lanzamento de Starhawk

No xogo poderemos empregar como vehículo un Hawk (nave que pode converterse nun robot xigante)
O xogo en liña enriquecerá enormemente este título para PlayStation 3

PUBLICIDADE