Starck dota dun excepcional deseño a un disco duro de LaCie

luns, 7 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Fabricantes como LaCie buscan que a tecnoloxía e o deseño non estean rifados, e en numerosas ocasións teñen colaborado co deseñador e creador Philippe Starck para os seus produtos, sendo o último produto en gozar de tal tratamento o disco duro LaCie Blade Runner, que chega cun interior metálico antropomorfo cunha carcasa angular que parece unha gaiola e do que só se producirán 9.999 unidades, que posiblemente atoparán comprador bastante rápido, por conseguir dotar de elegancia a un dispositivo con boas prestacións e un prezo relativamente axustado, pois este dispositivo con conectividade USB 3.0 e 4 Tbytes de capacidade véndese por 239,99 euros.
A protección de aluminio dota ao LaCie Blade Runner dunha boa protección do sobrequecemento, polo que resulta bastante fiable; mide 141 x 193 x 73 milímetros, pesa 2 quilos, inclúe o software de protección con contrasinal e para a realización de copias automáticas, conta cun modo de aforro de enerxía para cando está fóra de uso e é compatible con Time Machine.

O LaCie Blade Runner tan unha aparencia moi orixinal

PUBLICIDADE