StarCraft II estreará beta este mes

xoves, 11 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Blizzard vén de anunciar que a finais de mes va iniciar a fase de probas do seu agardado xogo StarCraft II, polo que indicaría que un dos xogos de estratexia de máis sona no mundo do PC tería cada vez máis preto o seu vindeiro capítulo, que terá coma título Wings of Liberty, e que tamén contará con versión para Mac OS X.
O primeiro capítulo de StarCraft II centrarase nos Terrans, para chegar logo as expansións Heart of the Swarm e Legacy of the Void centradas nos Zerg e nos Protos respectivamente. Agárdase que o ritmo de edición dos distintos episodios sexa anual, aínda que posiblemente non concreten a data de lanzamento da primeira entrega ata que vexan madura a súa beta privada.

PUBLICIDADE