StarCraft II está a empregarse coma carnada para malware
mércores, 28 de xullo do 2010
Esta semana chegou ás tendas de videoxogos o
agardado StarCraft II, pero moitos
consumidores en vez de soltar os 59,90 euros que custa, optaron por recorrer a
canles de distribución menos ortodoxas coma son a rede de intercambio de
arquivos BitTorrent, o que poderÃa ter consecuencias moi negativas para os seus
equipos, pois detectouse unha propagación masiva de ficheiros que pretenden ser
copias pirateadas do xogo de
Blizzard, pero que resulta
estar infectado por un malware
que abre a porta de distintos códigos maliciosos ao ordenador vÃtima. Entre as
infeccións detectadas estarÃa o ver me Rebhip.A, que é capaz de roubar
información sensible do noso ordenador rexistrando as pulsacións no teclado, o
que pode servir para facerse con contrasinais.
En verdade xa existen
copias crackeadas do popular
videoxogo, pero quen queira facerse con elas deberá extremar as precaucións
para evitar que o seu ordenador remate infectado con códigos maliciosos que
poden valerlle máis dun desgusto, que poderÃa saÃr por moito máis de 60 euros.