Star Wars estrea un xogo de estratexia para iOS

venres, 22 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Os seareiros da saga galáctica creada por George Lucas poden agora introducirse nese universo nun novo xogo para iOS que pode descargarse de balde (incluíndo contidos de pagamento na aplicación) e que permite participar na Guerra Civil Galáctica que enfronta aos rebeldes contra o Imperio, de xeito que poderemos elixir bando para despois progresar neste título de estratexia con competitivos combates galácticos.
Star Wars: Commander permítenos construír unha base e defendela, liderar batallas épicas, crear o equipo definitivo (podendo forxar alianzas con amigos e outros xogadores), viaxar a distintos planetas para completar misións especiais, mellorar o equipo de combate e as defensas... mecánica que resultará familiar para os xogadores de títulos de éxito como Clash of Clans, de xeito que podemos entender que con este xogo Disney busca directamente explotar un xénero de moda para fornecer a franquía de Star Wars agora que está preto o seu retorno á grande pantalla.

Star Wars: Commander é un novo xogo de estratexia para iOS que bebe da franquía galáctica de George Lucas

PUBLICIDADE