Star Wars contará cun novo xogo para consolas portátiles
martes, 26 de maio do 2009
O vindeiro outono
a saga de Star Wars Battlefront achegará
un novo tÃtulo, desta volta para as consolas portátiles, de xeito que os
usuarios da PSP e da Nintendo DS poderán gozar de Elite
Squadron, cun nivel de interacción e diversión sen precedentes
neste tipo de consolas.
- Imaxe da versión para Nintendo DS do xogo
Esta nova entrega será a primeira que permitirá que os xogadores combatan en
frontes de batalla de múltiples niveis, tanto en terra coma no espazo. AsÃ
poderase iniciar un combate a pé, conducir un vehÃculo terrestre ou pilotar un
caza e aterrar nunha nave maior na que continuar a loita no seu interior. As
accións do usuario tamén afectarán ás batallas libradas en distintas frontes,
de xeito que a derrota dos inimigos poden afectar ao desenlace doutras
batallas.
Star Wars Battlefront: Elite Squadron
permÃtenos meternos na pel de X2, un soldado clon dun mestre jedi, que
arrepentido por seguir ao Imperio xuntouse á Rebelión e que rematará
enfrontándose ao seu irmán, X1.
No xogo non faltarán personaxes clásicos aparecidos nas pelÃculas da saga e en
xogos anteriores, polo que será toda unha delicia para os afeccionados a este
universo fantástico creado por George Lucas.
- O xogo incorpora a personaxes coñecidos da saga