Star Wars: The Old Republic pasa a ser de balde ata nivel 15

mércores, 11 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Dende esta semana o xogo Star Wars: The Old Republic estrea a súa fase de proba de balde, de xeito que quen desexe botar un ollo a este interesante xogo masivo en rede poderá facelo elixindo calquera das 8 clases de personaxe dispoñibles, explorando o mundo de orixe da mesma (e unha parte do Mundo Capital), enfrontarse a outros xogadores e incluso unirse a outros usuarios en aventuras épicas. O xogo xa contará con etapas de proba semellantes no pasado durante breves períodos de tempo, pero agora a principal limitación será que os personaxes non poderán superar o nivel 15, polo que os usuarios que queiran prosperar no xogo si deberán pagar cotas (por exemplo, por 26,99 euros pódese adquirir un código de prepagamento de 60 días).
Esta estratexia de permitir que os usuarios non teñan que mercar o xogo inicialmente en tendas físicas e poidan experimentalo durante o tempo suficiente como para comprobar se cumpre coas súas expectativas está a ser moi popular entre os xogos deste tipo, e o propio World of Warcraft segue esa mesma pauta.

JPEG - 96.2 KB
O xogo permite descubrir as súas moitas posibilidades sen realizar ningún pagamento inicial

PUBLICIDADE