Star Wars Squadron sairá á venda en outubro

luns, 15 de xuño do 2020 Marcus Fernández

Historicamente a franquía de Star Wars contou con varias marcas de xogos de combate espacial, e Electronic Arts quere recuperar o xénero ao grande, con Star Wars Squadrons, un título que presentouse por todo o alto, estreando un tráiler, anunciando que estará dispoñible o 2 de outubro e abríndose o seu proceso de reservas en PC e Xbox One (en breve tamén poderá reservarse para PS4).
O xogo promete unha experiencia auténtica de combate con cazas estelares en primeira persoa, ofrecendo aos usuarios tanto unha historia para un xogador como intensos enfrontamentos espaciais multixogador formando parte dun escuadrón de 5 membros que enfrontaranse a outro escuadrón de igual tamaño. Os combates multixogador terán crossplay entre plataformas.
Star Wars Squadron permitirá participar en escaramuzas por toda a galaxia do universo cinematográfico de George Lucas, de xeito que veremos lugares coñecidos como o xigante gasoso Yavine Prime e a lúa esnaquizada de Galitan, á vez que tamén pilotaremos cazas da Nova República e do Imperio como os X-Wing e os TIE Fighters, que poderán modificarse.
Un detalle bastante importante das versións para PlayStation 4 e PC do xogo é que serán compatibles con cascos de realidade virtual, polo que o xogo poderá gozarse dun xeito especialmente inmersivo.

Tráiler de presentación do xogo

PUBLICIDADE